O 20 de marzo celébrase internacionalmente o Día Mundial das Artes Escénicas Infantil e Xuvenil. Un día no que apoiar a nivel mundial o dereito de todos os nenos e nenas a un acceso igualitario á arte, especialmente ás artes escénicas. Con motivo deste día, dende ASSITEJ lanzamos unha mensaxe internacional na que amosar a importancia do teatro, a danza, o circo ou os monicreques na formación dos máis pequenos.
'Leva unha rapaza ao teatro. Leva un neno ao teatro ' é o lema da campaña internacional. Con el, anímase a todos a celebrar o Día Mundial levando a un neno a gozar dun espectáculo.
Creouse unha páxina web, diamundialartesescenicas.com, onde centralizar todos os materiais de comunicación e onde podes atopar un axenda do mes de marzo, no que todas aquelas compañías, salas, teatros, grupos e outros profesionais poden carga a túa axenda do mes de marzo e visibilizar así a riqueza e diversidade das artes escénicas dirixidas a nenos e mozos. Esta debería ser unha celebración conxunta onde os protagonistas sexan nenos e mozos. Un público presente e capaz que hai que reivindicar.
Se queres saber que máis temos pensado facer para celebrar este día, le o noso Nota de prensa e forma parte deste día connosco!